13/03/13

Palestras na Galiza: Contextualización da Reforma do Código Penal

A cargo de membros da publicación anarquista Todo por Hacer, terán lugar esta finde e à esperas de conhecer data e hora noutras localidades (A Corunha e Ourense, supostamente), convocamos vos a palestra de Compostela na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" este venres 15 às 18:30'. 

A última reforma do CP, que se atopa en fase de proposta de enmendas e de “debate” nas Cortes Xerais, vai supoñer unha serie de novidades de maior ou menor trascendencia, como a aprobación da cadea perpetua ou o endurecemento das penas asociadas a varios delitos.



Para entender esta reforma, sen embargo, é necesario contextualizala no tempo e no espazo, así como ideolóxica e sociolóxicamente. Para iso, faremos un brevísimo percorrido pola historia do CP e do cárcere como institución, centrándonos con maior profundidade nas reformas lexislativas da última década. Desta maneira, poderáse concluir que a última reforma penal non é máis que a derradeira volta de porca dun proceso que se está a xestar dende fai moitos anos.

Os cárceres están cheos de pobres e disidentes e a reforma do CP de 2012-2013 axudará a que isto siga a ser así.

Material de apoio: Artículo"La reforma del Código Penal: Una vuelta de tuerca más a la represión"

Outros artigos indirectamente relacionados pero que axudan a contextualizar a charla son:

- :"Cuando resulta más fácil encerrar que tratar"
- :"Los ajustes del capital. Represión y gasto social en la cárcel"
- :"Su ley, su trampa"

Páxinas web:
www.todoporhacer.org,
www.boletintokata.wordpress.com,
www.puntodefuga.org,
www.derechopenitenciario.com,
www.carceligualtortura.blogspot.com.es,
www.ikusbide.org,
www.salhaketa.org
www.ala.org.es


extraido de Abordaxe Revista

Ningún comentario:

Publicar un comentario