24/02/17

EsCULcA - Tortura en Galiza... Teixeiro e A Lama




A tortura pode parecer unha práctica de tempos pasados ou de lugares remotos. A Lama e Teixeiro, son dúas prisións coñecidas pola súa crueldade desde que abriron en 1998. 18 anos de:
  • Confinamentos solitarios.
  • Falta de atención médica e alimentación sa.
  • Traslados arbitrarios.
  • Impedimento de acceso á educación.
  • Denuncias de maltratos e torturas.
  • Mortes baixo custodia.
  • Negación de acceso a parlamentarios/as.
No noso país e ao pé de nós. Confiando na nosa indiferenza. Na nosa capacidade para aceptar o inaceptábel…